Para os Profes  
Os obxectivos pedagóxicos que queremos conseguir con esta unidade didáctica son os seguintes:

  • Fomentar a cultura innovadora e o espíritu innovador entre os adolescentes de toda Galicia. A intención é animalos e conciencialos da importancia de innovar como estratexia interna dentro das organizacións

  • Aclarar o significado e trascendencia da innovación, e a utilidade de innovar. Quere ser a guía didáctica de referencia  da innovación galega dirixida á mocidade.

  • Amosar exemplos de empresas que teñen innovado con éxito nos seus produtos e servizos, coa finalidad de evidenciar a face práctica e positiva da innovación. OS mozos e mozas que no futuro ocuparán postos nas compañías  no vexan a innovación coma algo lonxano e custoso, sinón como algo cotián e inherente á actividade empresarial.

  • Difundir os organismos e institucións galegos que funcionan como canais e ferramentas de apoio á innovación (centros tecnolóxicos, universidades, fundacións…). A súa actividade é imprescindible no proceso de innovación das empresas, por iso os rapaces e rapazas deben recoñecer e valorar o seu labor de creación e transferencia de coñecemento.
Para conseguilo, recomendamos que non se limite a utilización deste unidade didáctica á súa lectura. Aspiramos a que a súa divulgación sexa participativa, que orixine debates, comentarios e que xere novas actividades e exercicios fóra dos propostas no documento. Poderán buscar novos exemplos e produtos e empresas, concertar visitas culturais a lugares relacionados coa innovación, ou organizar concursos entre os alumnos que fomentan a súa creatividade e capacidade resolutiva. As posibilidades son infinitas, e hai que aproveitalas. A nosa intención é despertar unha actitude innovadora que permaneza nos alumnos e alumnas no futuro.
Innoela e Innoberto
Fundación Innovapyme Galicia || Avda. García Barbón 104, 1ª Planta - 36201 - Vigo
T- 886 139 749 | F- 986 434 822
www.innovapymegalicia.es | E-mail: innovapyme@innovapymegalicia.es

Web desarrollada por www.mundinova.es
Os Innoveitors Home Presentación Os Innoveitors Os Creadores O Cómic O Directorio