Os Innoveitors      
                     
Presentación  

É unha realidade que estamos atravesando unha época de crise económica xeralizada . O motor da economía de calquera territorio son as empresas, que xeran riqueza e emprego. Nesta grave situación, moitas compañías deben aproveitar as circunstancias como unha oportunidad para reflexionar sobre a súa actividade e reinventar reinventar o seu modelo de negocio, os seus produtos ou servizos, coa finalidad de aumentar a súa competitividade e saír reforzadas da recesión.

Nesa tarefa, é imprescindible apostar pola I+D+i. É certo que os mozos e as mozas de hoxe serán os directivos e empregados das empresas de mañá. Por iso é esencial formarlos desde xa nos significados e distintos conceptos sobre innovación, qué saiban en qué consiste, as ferramentas existentes para innovar e, sobre todo, que sexan conscientes de que a I+D+i está ao alcance de calquera empresa que se propoña innovar, sexa grande ou pequena. O primordial é ter unha mentalidade inconformista, que non se amedrente ante os cambios e que saiba buscar a diferenciación dos demais competidores.

Esa é a meta do CÓMIC DA INNOVACIÓN, unha publicación na que, a través de 16 páxinas a todo color, e dunha maneira amena e pedagóxica, se achegue a innovación aos estudantes galegos de secundaria.  Este instrumento aclara os conceptos relacionados coa innovación e a I+D+i, aporta exemplos de produtos innovadores e casos de éxitos de empresas galegas, e inclúe unha pequeña guía dos axentes de innovación de Galicia.

Innoela
Fundación Innovapyme Galicia || Avda. García Barbón 104, 1ª Planta - 36201 - Vigo
T- 886 139 749 | F- 986 434 822
www.innovapymegalicia.es | E-mail: innovapyme@innovapymegalicia.es

Web desarrollada por www.mundinova.es
Os Innoveitors Home Os Creadores O Cómic O Directorio Para os Profes