A Fundación Innovapyme Galicia é a impulsora desta iniciativa. É unha organización de interese galego, sen ánimo de lucro. O seu obxecto é promover e contribuir eficazmente á investigación científica, así como ao desenvolvemento tecnolóxico e á innovación en tódalas súas manifestacións, no ámbito da nosa comunidade. O seu campo de actividades comprende o fomento, difusión, coordinación e promoción de cantas iniciativas de I+D+i sexan de interese para as pequenas e medianas empresas.
A vertebración das PYMES en torno a esta Fundación facilita a transferencia de coñecemento entre elas, a dispoñibilidade de traballadores cualificados e dotación de servizos comúsns, e a xeración de proxectos de investigación. Esta cooperación interempresarial axuda a paliar as desvantaxes das pequenas e medianas empresas fronte ás máis grandes.
Visítanos:
http://www.innovapymegalicia.es/ |